A cooperativa Frugal, pertencente ao Círculo de Empresarias, imparte unha charla sobre xerminados, o día 17 de novembro de 17 a 19h.
O programa é o seguinte:
- Os xerminados. ¿En que consiste a xerminacion? ¿Para que se utilizan?
- Propiedades nutritivas e beneficio para a saúde que aportan os xerminados na alimentación.
- Preparación para o seu consumo. Proceso de elaboración dos xerminados na casa. Receitas de cociña con xerminados.
- Degustación.