En xuño levamos de novo á Coruña o proxecto GIRA Mujeres, co obradoiro presencial «Encuentra tu ruta». Será os días 13 e 14 de xuño no Centro Cívico Castrillón, en horario de 9:30 a 14:30.
Con esta formación traballarás o teu empoderamento persoal e a búsqueda ou definición da túa idea de negocio. Unha vez realizada esta formación presencial, podes continuar traballando coa formación online sobre modelo canvas, e así optar ao premio de 3.000€ de capital social para a posta en marcha da túa empresa.
Alumnas de anteriores edicións opinan:
«Satisfíxome moito a empatía, cordialidade e proximidade das formadoras; e sobre todo a forma de pór en valor as nosas capacidades que a miúdo non sabemos sacar cara a fóra».
«Encantada co taller, tanto pola iniciativa como pola forma de dalo».
Se estás pensando en emprender, ou comezando a planificar o teu proxecto…
Non o dubides: INSCRÍBETE AQUÍ e fórmate connosco!
Queres máis información? Contacta con asesoriagalicia@fundacionmujeres.net ou 981294097