O día 14 de outubro comeza a XIX edición do curso gratuíto de Creación de Empresas na delegación da Coruña da Fundación MUJERES.
Esta formación vai dirixida a aquellas mulleres emprendedoras que desexen pór en marcha unha idea de negocio, así como a empresarias de recente creación que queiran confirmar e validar a viabilidad da súa empresa.
O curso divídese en 7 sesións presenciais, traballo a través do noso campus online e tutorías individuais para asesorar a cada proxecto de forma personalizada. As sesións presenciais serán os días 14, 21, 28 de outubro, 11, 18, 25 de novembro e 2 de decembro, en horario de 9 a 14 h.
Unha vez finalizado o plan de empresa, a Fundación MUJERES dá apoio na procura de financiamento e na posta en marcha da empresa.
As prazas son limitadas, polo que as mulleres interesadas deben inscribirse a través do seguiente FORMULARIO DE INSCRICIÓN.
Para solicitar máis información, contactar coa delegación de Fundación Mujeres en A Coruña: 981 294 097 e asesoriagalicia@fundacionmujeres.es