Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > XX Encontro de Emprendedoras e Empresarias na Coruña
Dic
03
2019
O vindeiro 17 de decembro con motivo da clausura do Curso de Creación de Empresa, convidámoste ao Encontro entre Empendedoras e Empresarias
XX Encontro de Emprendedoras e Empresarias na Coruña
Fundación Mujeres Delegación Galicia
Desde Fundación Mujeres queremos crear espazos de reunión, debate e intercambio para Emprendedoras e Empresarias.

Por segunda vez no ano, reunímonos para compartir experiencias no Centro Municipal de Empresas ACCEDE Papagio da Coruña.

 

Nesta ocasión, o tema en torno ao cal xira o XX Encontro de Emprendedoras e Empresarias é o seguinte: "Creando Referentes: Empresarias que avanzan en común"

 

Esta xornada está financiada polo Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social, dentro do programa "Empoderamento e Igualdade para o Emprendimento"

Contaremos coa participación de entidades relevantes no ambito sectorial.
Explicarannos cales son recursos,programas e iniciativas para impulsar o liderazgo sectorial feminino.
E intervirán empresas referentes que traballan en distintos sectores, desde a formación, tecnoloxía á xestión administrativa e fiscal.
 
O programa ten os seguintes contidos: 
  • Inauguración.
  • Mesa institucional e introdución temática "Sin temor a liderar: Programas de impulso empresarial feminino"
  • Panel de emprendedoras de Fundación Mujeres (alumnas do CCE)
  • A miña empresa nun minuto (Empresarias que desexen compartir os seus proxectos con nós, salientando o enfoque social do proxecto)
  • Descanso
  • Panel de Empresarias: "Creando referentes: Empresarias que avanzan en común".
  • Clausura

Para asistir ó encontro e/ou inscribirte no minuto de ouro, podes facelo neste  FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN.

 

 Mais información: asesoriagalicia@fundacionmujeres.net ou 981 29 40 97

 

Esperámoste!!