Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Voluntaria de Fundación Mujeres inicia o acompañamento para fortalecer ao equipo de Fundación Humana Pobo a Pobo Ecuador
Dic
09
2020
Reforzo institucional
Voluntaria de Fundación Mujeres inicia o acompañamento para fortalecer ao equipo de Fundación Humana Pobo a Pobo Ecuador
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
María Corón, voluntaria de Fundación Mujeres, reuniuse o pasado xoves 26 de novembro coa coordinadora do proxecto de Fundación Humana Pobo a Pobo Ecuador para sentar as bases do que será a súa colaboración nos próximos meses.

O xoves 26 de novembro, no marco do proxecto “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua”, executado por Fundación Humana Pueblo a Pueblo Ecuador en colaboración con Fundación Mujeres e con fondos da Xunta de Galicia - Cooperación Galega,  tivo lugar unha reunión online entre as técnicas de Cooperación de Fundación Mulleres a coordinadora do proxecto de Fundación Humana Pobo a Pobo Ecuador  e a nova voluntaria que se incorporou ao proxecto, co obxectivo de planificar a colaboración da voluntaria nos próximos meses. 

 
A voluntaria, María Corón, formou parte do persoal de Fundación Mujeres e agora colabora coa Fundación mediante voluntariado. María conta con formación en Ciencias Empresariais e experiencia na dirección e xestión de proxectos de formación para o emprego, desenvolvendo proxectos para facilitar a inserción social e laboral de mulleres procedentes de países non pertencentes á Unión Europea e no asesoramento para a creación e consolidación de empresas de mulleres emprendedoras e empresarias. Neste sentido, como se acordou na reunión, a través do seu voluntariado, María estará a apoiar no proceso de elaboración de plans de negocios para a produción e comercialización da uvilla, así como no fortalecemento e acompañamento do equipo local no que vaian necesitando nesta liña. 
 
Para ir coñecendo todo o proceso e poder facer as súas achegas, a voluntaria seguirá en contacto co equipo local e realizarán reunións periódicas para ver avances durante os próximos meses de execución do proxecto.