Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Traballando a diversidade e as desigualdades nas aulas
Oct
21
2019
“Igualdade, Interculturalidade e Convivencia en A Coruña”
Traballando a diversidade e as desigualdades nas aulas
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Os obradoiros de igualdade e interculturalidade que Fundación Mujeres está a levar a cabo nos IES Agra do Orzán e no CEIP San Pedro de Visma, onde o alumnado está a adquirir novas perspectivas e aprendizaxes, están chegando o seu fin.

A derradeira semana de outubro rematamos os obradoiros no IES Agra do Orzán e no CEIP San Pedro de Visma, que Fundación Mujeres está desenvolvendo no marco do proxecto de educación para o desenvolvemento “Igualdade, Interculturalidade e Convivencia en A Coruña”, cofinanciado polo Concello da Coruña.

 

Nas dúas sesións que se levaron a cabo en cada un dos cursos, o alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre a orixe dos estereotipos que como sociedade transmitimos de xeración en xeración, xerando uns prexuízos cos que non é doado loitar. Coñeceron a forma en que estos prexuízos se arraigan no ideario común, e aportaron ferramentas coas que rematar con eles a todos os niveis. 
 
Grazas ás dinámicas traballadas e á posterior reflexión grupal de cada sesión, os alumnos e alumnas destes centros puideron vivir na súa pel situacións que ata o de agora lles eran alleas, ou compartir coa clase as situacións de discriminación que sufriron nalgunha ocasión por mor da súa raza, idade ou sexo. 
 
Nas vindeiras sesións incidiremos nos prexuízos por mor do xénero e no autoconcepto, que será o que permita ó alumnado aprender a empatizar cos e cas demais para así poder vivir en convivencia. 
 
Ademais, os mozos e as mozas de secundaria do IES Agra do Orzán xa están comezando a aportar ideas para o concurso de bandas deseñadas que se levará a cabo a finais do próximo mes.