Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Resolución do concurso de bandas deseñadas do proxecto de Educación para o Desenvolvemento
Dic
11
2019
Concurso “Nin machista, nin racista, mocidade feminista!”
Resolución do concurso de bandas deseñadas do proxecto de Educación para o Desenvolvemento
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Onte, día 10 de decembro, o xurado do concurso de bandas deseñadas reuniuse para deliberar sobre os traballos recibidos. Mediante este concurso o alumnado tivo a oportunidade de plasmar o aprendido nos obradoiros sobre igualdade, interculturalidade e convivencia que recibiron o longo dos meses de outubro e novembro.

Tres estudantes do IES Plurilingüe Elviña reciben o primeiro, segundo e tercer premio do concurso de bandas deseñadas “Nin machista, nin racista, mocidade feminista!” que se levou a cabo, entre finais de novembro e principios de decembro, no marco do proxecto “Igualdade, interculturalidade e convivencia na Coruña”, levado a cabo pola Fundación Mujeres co apoio financeiro do Concello da Coruña.

 

O xurado, composto por diferentes técnicas das áreas de Educación para o Desenvolvemento e Igualdade de Fundación Mujeres de A Coruña e Extremadura, seleccionou as bandas que considerou máis representativas dos resultados que se pretendían acadar co proxecto desenvolvido nos centros educativos.
 
O primeiro premio o recibe a alumna S. M., estudante de terceiro curso, coa súa proposta “Un mundo de color” onde asemella ás persoas con ceras de cores: “todas son diferentes pero funcionan perfectamente, también las personas”.
 
O segundo premio o recibe una alumna de 4º curso, P. S., coa súa banda deseñada “Máis forte ca xenreira”, que ela describe como unha crítica ó machismo: “O machismo tumba a nosa autoestima ata límites insospeitados. Loita contra él.”
 
Finalmente, A. S., tamén estudante de terceiro curso, fai “una crítica hacia la situación en la que alguien se niega a respetar tu identidad” mediante a banda deseñada á que titula “Oruga”.
 
O alumnado gañador recibirá un primer premio de 150€, un segundo premio de 100€ e un terceiro premio de 50€ en cheque regalo da FNAC.
 
Desde Fundación Mujeres queremos dar as gracias a todo o alumnado participante, tanto do IES Plurilingüe Elviña como do IES Agra do Orzán, e ¡¡Noraboa as persoas premiadas!!