Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Rematan os talleres do SAIC Rural no concello de Melide
Oct
31
2019
Cun éxito de participación do 100% das mulleres inscritas, rematamos após sete sesións os talleres do SAIC Rural en Melide.
Rematan os talleres do SAIC Rural no concello de Melide
Fundación Mujeres delegación Galicia
Logo de sete sesións nas que abordamos talleres con temáticas diversas, poñemos o peche ao programa do Servizo de Atención Integral a Coidadoras do Medio Rural no concello de Melide.

Este xoves día 31 de outubro, rematamos os talleres do Servizo de Atención Integral a Coidadoras do Medio Rural no concello de Melide.

Ao longo de sete sesións, 14 mulleres do concello de Melide, coidadoras informais de persoas dependentes, asistiron ao curso de Fundación Mujeres. Neste, impartíronse catro talleres para aprofundar en temáticas diversas como a Saúde e o Autocoidado da persoa coidadora, o manexo das Habilidades Sociais e as conductas asertivas para relacionarnos coas persoas que temos ao noso redor, a Regulación de Conflictos e a búsqueda de fórmulas acaídas para unha negociación exitosa na que todas as partes gañen, e os vínculos amorosos e a pertinencia da corresponsabilidade de cara aos coidados dentro dos mesmos.

As mulleres asistentes foron moi participativas durante todo o curso e amosaron moito entusiasmo e interese polas temáticas a tratar, fomentando o debate e a búsqueda de alternativas que facilitasen o seu benestar a nivel integral: na súa saúde física, psicolóxica, social e emocional.

Para alén, todas socializaron a súa vontade de continuar con esta formación para o autocoidado, xa que ao longo do curso puideron notar unha millora do seu benestar.

Polo nosa banda, ficamos moi satisfeitas de ter chegado a máis un concello da provincia de A Coruña co Servizo de Atención Integral a Coidadoras do Medio Rural, e concretamente de ter comezado a nosa intervención no concello de Melide, onde tanto a disposición para impartir o programa como a participación no mesmo foron magníficas.

Aguardamos poder recuncar para o ano que vén!