Inicio > Noticias > Reivindicando os dereitos das mulleres no Salvador
Abr
24
2019
Despenalización do aborto e dereitos sexuais e reprodutivos
Reivindicando os dereitos das mulleres no Salvador
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Representantes de Las Mélidas reuníronse con deputadas do Parlamento Centroamericano co obxectivo de abordar temáticas de interese para as mulleres salvadoreñas.

Na reunión mantida a mediados de abril entre representantes das Mélidas e varias deputadas do parlamento centro americano falouse sobre as organizacións de mulleres salvadoreñas e a súa loita pola reivindicación dos seus dereitos. Nese sentido, solicitouse o apoio que desde o parlamento requírese para que estes dereitos sexan respectados e expúxose que unha das prioridades para as mulleres era o establecer unha estratexia para darlle seguimento á despenalización do aborto no catro causales.

 

Así mesmo, transmitiuse a importancia de lograr unha maior representatividade e participación das mulleres na política do Salvador, para ser partícipes dos espazos de toma de decisións no país. 
 
Ao finalizar a xornada, acordouse continuar coas reunións para buscar estratexias que permitan dar impulso ao tema das 4 causales e outras actividades en beneficio das mulleres salvadoreñas. 
 
Estas accións son parte das actividades do proxecto "Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia", executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres y o apoio financeiro da Xunta de Galicia.