Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Realizamos o obradoiro de Historia do Feminismo en Curtis-Teixeiro
Nov
06
2019
Continúa o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras do Medio Rural no concello de Teixeiro, onde xa levamos catro talleres
Realizamos o obradoiro de Historia do Feminismo en Curtis-Teixeiro
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
O pasado martes día 5 de novembro, tivo lugar o obradoiro de Historia do Feminismo no concello de Curtis-Teixeiro. No mesmo, fixemos un percorrido pola historia do feminismo máis contemporánea, chegando atá as mulleres da nosa vida.

 A última sesión do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras do Medio Rural do concello de Teixeiro correspondeuse cunha cita coa Historia do Feminismo.

Con este obradoiro, pretendemos facer un percorrido pola Historia recente das Mulleres e do Feminismo, desde o século XVII atá a actualidade. Coñecendo así a historia e vida de mulleres doutras latitudes como Sor Juana Inés de la Cruz, Mary Wollstonecraft, Olympe de Gauges e Sojourner Truth, mais tamén de mulleres máis próximas como Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou a mesma Rosalía de Castro.

Imos percorrendo así a historia contemporánea da man de mulleres valentes que loitaron polos nosos dereitos e grazas ás que hoxe estamos aquí, pechando despois o obradoiro cunha dinámica na que lembramos ás mulleres que nos acompañaron na nosa vida e que tivemos e temos como referentes. Un pequeno acto de mullerenaxe para todas as nosas devanceiras.