Inicio > Noticias > Próximas datas do programa DANA: Emprego e Emprendemento en Igualdade en A Coruña
Ago
31
2018
Continuamos co programa DANA de emprego e emprendemento para mulleres
Próximas datas do programa DANA: Emprego e Emprendemento en Igualdade en A Coruña
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Fundación Mujeres inicia o programa DANA dirixido ao empoderamento das mulleres para o emprego e o emprendemento, que as acompaña no desenvolvemento de itinerarios de inserción laboral e de emprendemento.

Durante os meses de agosto a decembro, deselvolveremos o Programa DANA: Emprego e Empredemento en Igualdade. Realizaranse obradoiros presenciais e titorizacións individuais co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.

 

Os obradoiros dividiranse en cinco módulos, dos que haberá varias edicións:

 

 
  • Módulo 1:Habilidades e competencias para o emprego
  • Módulo 2: Habilidades e competencias para o autoemprego
  • Módulo 3:Competencias dixitais para o emprego
  • Módulo 4:Habilidades e competencias básicas para o emprego e o autoemprego 
  • Módulo 5: Formación para a procura de emprego online. 

 

EDICIÓN IV: Inicio 5 novembro

 

EDICIÓN V: Inicio 12 novembro

 

 

Se estás interesada ou coñeces a alguén que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides en contactar connosco a través do mail galicia@fundacionmujeres.es e os telfs.: 981 29 40 97 /  660355831.

 

O proxecto DANA está cofinanciado polo Concello da Coruña e o Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES).