Inicio > Noticias > Presentación Gira Mujeres en Lugo
May
02
2018
Fundación Mujeres y Coca-Cola presentan GIRA Mujeres Lugo
Presentación Gira Mujeres en Lugo
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
O pasado venres presentouse en Lugo o programa GIRA Mujeres onde terá lugar os próximos días 9 e 10 de Maio no CEI Nodus.

O pasado venres tivo lugar a presentación do programa GIRA Mujeres en Lugo onde acudiron a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, xunto a xestora de comunicación de Coca Cola, Gema Domínguez, Fundación Mujeres, e o representante do Club Burela Fútbol Sala Femenino, Nando López Otero. Presentaron no Salón de Plenos, a segunda edición do proxecto GIRA Mujeres, unha iniciativa que se realiza por primeira vez en Lugo, de formación gratuíta e destinada as mulleres cunha idea de negocio ou ben que estean interesadas en coñecer o emprendemento como forma de traballo.

O programa realizarase os próximos días 9 e 10 de maio no CEi Nodus en Lugo en horario de 9:30 a 13:30. Para tódalas mulleres interesadas en participar poden inscribirse Aquí