Inicio > Noticias > Os homes de El Viejo participan activamente nas accións formativas do Curso Masculinidades e SSSR
Ago
06
2017
Módulo III: “Coidado da Saúde Sexual e Reprodutiva no Home”
Os homes de El Viejo participan activamente nas accións formativas do Curso Masculinidades e SSSR
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Ao longo do 2017, o grupo de homes das comunidades rurais do Vello participaron de maneira activa, entusiasta e proactiva no ciclo de talleres de formación correspondentes ao terceiro módulo do Curso Masculinidades e SSSR

Dentro das accións formativas enmarcadas no proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, están a desenvolverse obradoiros e visitas de seguimento dirixidas a que o grupo de homes participantes, grazas aos coñecementos adquiridos, atendan ao coidado da súa saúde e colaboren, desde un rol de acompañamento, ao coidado e benestar integral da saúde das mulleres.


"Eu sempre considerei que a información que ten que ver coa saúde é moi importante, non podemos quedarnos desactualizados ante tantas cousas de hoxe en día; non é posible falar dunha relación de parella se non nos estamos apoiando; homes e mulleres debemos falar o mesmo idioma e coidarnos o un ao outro" (participante dos talleres).
 
A adecuación de estratexias metodolóxicas, como as visitas comunitarias, os seguimentos casa a casa ou alternar medios gráficos para presentar información, entre outros, foron aceptados de forma positiva polos homes, reforzando deste xeito o sentido de permanencia ao proxecto e fortalecendo o seu compromiso e implicación practica do aprendido na súa vida diaria. Mostra diso é que eles mesmos critiquen a súa forma de vida ata o momento e sexan conscientes do inxusto dalgúns dos seus comportamentos. Algúns homes comentaron a importancia de estar organizados e participar nestes espazos: "É importante estar organizados, só así podemos facer cambios, hai que seguir organizándonos e así darlle importancia á nosa saúde que tamén significa a saúde das nosas compañeiras".
 
Coa participación nestes talleres, os homes han interiorizado coñecementos relativos á práctica dunha sexualidade responsable e consensuada coas súas parellas, facendo propostas de cambios nos seus comportamentos, pensamentos e actitudes que beneficien ao coidado da saúde sexual e saúde reprodutiva, tanto propia como a das mulleres da súa contorna.