Inicio > Noticias > Obradoiros de verán para a busca de emprego na Coruña
Jul
09
2019
Novos obradoiros para a busca activa de emprego e emprendemento na Coruña
Obradoiros de verán para a busca de emprego na Coruña
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Fundación Mujeres continúa co programa DANA dirixido ao empoderamento das mulleres na busca de emprego e na motivación ao emprendemento.

Empezamos unha nova edición de formación para a busca de emprego no verán. Con este programa formativo queremos acompañarte na túa procura de emprego, mediante obradoiros presenciais e titorías individualizadas, co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias persoais para a empregabilidade  tanto por conta propia como allea, coñecer os recursos para mellorar a túa incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.

  
O proxecto DANA - A Coruña está financiado polo Concello da Coruña, que forma parte do proxecto DANA Empleo y Emprendimiento en Igualdad financiado polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
 
Faremos dúas edicións:
 
EDICIÓN I:
DATA DE INICIO: 17 de xullo de 2019
DATA DE REMATE: 09  de agosto de 2019
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 51H.
 
EDICIÓN II:
DATA DE INICIO: 10 de setembro de 2019
DATA DE REMATE: 04 de outubro de 2019
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 51H.
 
OBRADOIRO ESPECIAL: Manipulación de alimentos. 8 de outubro de 2019 (para as mulleres con itienrario formativo con Fundación Mujeres)
 
 
HORARIO: 9.30 - 13.30 H
 
PROGRAMA:
 
  • Módulo 1:Habilidades e competencias para o emprego
  • Módulo 2: Motivación e habildiades para o autoemprego
  • Módulo 3:Competencias dixitais para o emprego
  • Módulo 4:Formación en competencias básicas para o emprego e o autoemprego 
  • Módulo 5: Formación en liña para a procura de emprego
 
 
 
 
Mais información:
galicia@fundacionmujeres.es
981 29 4097  / 660 35 58 31