Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Nova edición do Curso de Creación de Empresa na Coruña
Sep
06
2019
O 8 de outubro daremos comezo a unha nova edición do Curso de Creación de Empresas
Nova edición do Curso de Creación de Empresa na Coruña
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
En breve iniciaremos a XXV Edición do Curso de Creación de Empresa na Delegación de Galicia, dirixido a emprendedoras cunha idea de negocio e a empresarias interesadas en reformular o seu proxecto.

No mes de outubro pomos en marcha unha nova edición do Curso de Creación de Empresa na Delegación de Galicia, dirixido a emprendedoras cunha idea de negocio e a empresarias interesadas en reformular o seu proxecto.

 
Esta formación está dirixida a: 
  • Emprendedoras que desexan analizar a vibilidade do proxecto antes da súa posta en marcha.
  • Empresarias que queren estudar a viabilidade do seu negocio co obxectivo de melloralo e consolidalo.
A formación ten caracter gratuíto, xa que está financiada pola Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do IRPF, a través da Secretaría Xeral de Igualdade.  Ten unha duración de 120 horas, das cales 35 son obrigatorias e presencias e o resto a través do noso Campus Online.
 
A metodoloxía de traballo é fundamentalmente práctica, o cal combina a eficacia da formación presencial coa flexibilidade da formación on line.
 
Ao longo do último trimestre do ano levaremos a cabo diversos obradoiros complementarios sobre áreas concretas que seguro serán de grande interese. Polo momento xa temos programado un para o vindeiro 5 de novembro no que trataremos o tema de falar en público e como mellorar a presentación do noso proxecto.
 
As datas presenciais do curso son: 
 
  • 8 de outubro: Introdución, Metodoloxías e Ferramentas
  • 15 de outubro: Estudo de Mercado
  • 29 de outubro: Estudo de Mercado II
  • 12 de novembro: Plan de Marketing
  • 19 de novembro: RRHH, Produción e Plan Xurídico
  • 26 de novembro: Plan Económico Financeiro
  • 3 de decembro: Plan Económico Financiero II
Horario: 9.30 - 14.30
 
Lugar: Centro Cívico Castrillón.
 
 
Porémonos en contacto contigo! 
 
 
981 29 40 97 / 663 20 25 28
asesoriagalicia@fundacionmujeres.net
 
 
As prazas son limitadas!