Inicio > Noticias > Nova Edición do Curso de Creación de Empresa na Coruña
Sep
05
2018
O 4 de outubro comezamos a XXIII Edición do Curso de Creación de Empresa
Nova Edición do Curso de Creación de Empresa na Coruña
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
En breve iniciaremos a XXIII Edición do Curso de Creación de Empresa na Delegación de Galicia, dirixido a emprendedoras cunha idea de negocio e a empresarias interesadas en reformular o seu proxecto.

No mes de outubro pomos en marcha unha nova edición do Curso de Creación de Empresa na Delegación de Galicia, dirixido a emprendedoras cunha idea de negocio e a empresarias interesadas en reformular o seu proxecto.

Esta formación está dirixida a:

  • Emprendedoras que desexan analizar a vibilidade do proxecto antes da súa posta en marcha.
  • Empresarias que queren estudar a viabilidade do seu negocio co obxectivo de melloralo e consolidalo.
A formación ten caracter gratuíto, xa que está financiada polo proxecto DANA "Empleo y Emprendimiento en Igualdad" e unha duración de 120 horas, das cales 35 son obrigatorias e presencias e o resto a través do noso Campus Online.
 
A metodoloxía de traballo é fundamentalmente práctica, o cal combina a eficacia da formación presencial coa flexibilidade da formación on line.
 
Ao longo do último trimestre do ano levaremos a cabo diversos obradoiros complementarios sobre áreas concretas que seguro serán de grande interese, que van desde os trámites que temos que realizar ata como mellorar as vendas.
 
 
 
Porémonos en contacto contigo.
 
As prazas son limitadas!