Inicio > Noticias > Las Mélidas reciben o apoio técnico da nova técnica expatriada de Fundación Mujeres en El Salvador
Abr
22
2019
Experta en xénero e cooperación ao desenvolvemento
Las Mélidas reciben o apoio técnico da nova técnica expatriada de Fundación Mujeres en El Salvador
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
No mes de abril chegou unha nova técnica expatriada que dará apoio ás Mélidas para o desenvolvemento dos programas executados en colaboración con Fundación Mujeres.

A mediados do mes de abril Las Mélidas deron a benvida a Raquel Álvarez Fernández, experta en xénero e cooperación, que forma parte do equipo técnico de Fundación Mujeres e será quen brinde acompañamento e apoio na implementación da segunda anualidade do proxecto "Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia", financiado pola Xunta de Galicia. 

 

A expatriada manterá contacto permanente coa responsable do proxecto en Galicia para asegurar unha eficiente execución do mesmo, á vez que dará un seguimento continuo das accións en terreo. Entre as súas responsabilidades no apoio directo á execución do proxecto destacan a articulación con axentes locais clave, o acompañamento nas accións de incidencia e o fortalecemento institucional á socia local en temas de xestión de proxectos, entre outras. 
 
"Cando recibimos este tipo de apoio, é unha ganancia para ambas as partes.  Neste caso ela suma coñecementos e experiencia e a nosa institución achega a proximidade coas mulleres, poder ver a realidade á que se enfrontan moitas delas e que grazas aos coñecementos adquiridos van superando día a día", comenta Angélica Gutiérrez, coordinadora do proxecto en El Salvador.
 
Ademais de Raquel, tamén se recibiron na sede de Las Mélidas a dous mozas Cooperantes da AEXCID. Isto contribuirá a fomentar as sinerxías entre os distintos proxectos que se executan  con Fundación Mujeres.