Inicio > Noticias > Las Mélidas lanzan unha campaña para promover o respecto e a non violencia contra as mulleres en El salvador
Nov
23
2018
15 días de activismo
Las Mélidas lanzan unha campaña para promover o respecto e a non violencia contra as mulleres en El salvador
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Como parte das accións para a promoción e respecto dos dereitos humanos das mulleres, Las Mélidas únese aos 15 días de activismo en favor dos dereitos humanos, compartindo en redes sociais vídeos con mensaxes para unha vida libre de violencia para as mulleres

No marco da conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero e como parte das acciónsdo proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia” executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, elaborouse unha campaña para que os homes novos, que están a participar nas formacións, promovan unha vida libre de violencia para as mulleres a través da publicación de diversas mensaxes en redes sociais que eles mesmo construíron, tales como:

 

As Mulleres non son obxectos sexuais.
Os homes e as mulleres temos os mesmos dereitos.
Sumémonos á prevención da violencia de xénero.
Cero violencia contra das mulleres.
Non violentes ás mulleres, respéctaas.
Non máis feminicidios.
Coidar de fillos e fillas tamén é de homes.
O teu estilo non define e sexualidade.
As mullerese os homes merecen respecto.
Ser mullereiro non faiche máis home.
 
Con esta campaña preténdese sensibilizar á poboación sobre a importancia de mostrar tolerancia cero ante a violencia cara ás mulleres, visibilizar algúns tipos de violencia contra as mulleres que son máis frecuentes e promover que outros mozos actúen de maneira respectuosa cara ás mulleres.