Inicio > Noticias > A PNC imparte formación en Dereitos Sexuais e Reprodutivos a mozas e mozos de 3 municipios do occidente de El Salvador
Oct
30
2018
Campaña “Non te perdas”
A PNC imparte formación en Dereitos Sexuais e Reprodutivos a mozas e mozos de 3 municipios do occidente de El Salvador
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Axentes da Policía Nacional Civil (PNC) desenvolveron un taller, a partir da metodoloxía brindada polas Mélidas, ao alumnado de centros escolares de Santa Ana e Sonsonate como parte da campaña “Non te perdas”

Ao redor de 80 adolescentes, mozas e mozos, foron formados sobre Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos (DSDR) por parte da PNC. Os talleres formativos desenvolvéronse no Centro Escolar Manuel Moedeiro e o Instituto Nacional de Santa Ana (INSA) dese municipio, no Centro Educativo República de Haití de Sonsonate e o Complexo Educativo Salomón David González en Izalco.

 

As e os axentes de Santa Ana e Sonsonate desenvolveron os talleres segundo a metodoloxía facilitada previamente polas Mélidas. A formación, que se desenvolveu no catro centros educativos antes mencionados, realizouse co alumnado do terceiro ciclo. 
 
Algunhas das persoas participantes recoñeceron os avances no tema dos dereitos sexuais e reprodutivos en xente nova, ademais de opinar nalgúns puntos no desenvolvemento da capacitación.
 
O persoal implicado da PNC comentou que a experiencia fora satisfactoria e que, aínda que a temática non é a habitual logrouse que o alumnado se interesase polo exposto, desenvolvendo a xornada de acordo á metodoloxía exposta. A participación do alumnado durante as sesións foi moi activa, mostrando atención e interese no tema.
 
Estas sesións formativas forman parte da campaña de sensibilización “Non te perdas” levada a cabo no marco do proxecto “Contribuíndo ao empoderamiento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente do Salvador", executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.