Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Intercambio de experiencias entre asociacións de mulleres de El Salvador
Oct
31
2019
Máis de 100 mulleres de diferentes organizacións participaron nesta actividade
Intercambio de experiencias entre asociacións de mulleres de El Salvador
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Lideresas das asociacións de mulleres organizadas por Las Melidas nos departamentos de Ahuachapán, Sonsonate, Santa Ana, San Salvador, Cuscatlán, La Paz e Zacatecoluca, participaron nun intercambio de experiencias sobre incidencia política.

As asociacións de mulleres coas que traballan Las Mélidas en diferentes zonas do Salvador teñen como obxectivo a promoción dunha vida libre de violencia contra as mulleres, por iso o traballo local en accións que contribúan a este obxectivo é constante.

 

A xornada de intercambio, realizada no marco de lproxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia” executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, tiña como finalidade compartir as experiencias das asociacións no seu traballo local, brindar elementos para a análise das súas realidades e elaborar un posicionamento político conxunto para facer incidencia, a nivel nacional, sobre os dereitos sexuais e reprodutivos, vivir unha vida libre de violencia e a contraloría cidadá como ferramenta para garantir os dereitos das mulleres.
 
Neste espazo aproveitouse para dar seguimento aos plans operativos das asociacións, os cales recollen accións ao redor da promoción do autocuidado, a economía feminista, a promoción dos dereitos sexuais e reprodutivos e a incidencia política a nivel local. 
 
Ademais as mulleres puideron tamén conectar con outras participantes e promover a sororidad entre elas.