Inicio > Noticias > Continuamos co proxecto DANA Emprego e Emprendemento na Coruña
Feb
21
2018
O vindeiro 27 de febreiro dará comezo a II Edición do Programa de Formación para o Empoderamento de Mulleres para o Emprego
Continuamos co proxecto DANA Emprego e Emprendemento na Coruña
Fundación Mujeres Delegación Galicia
Fundación Mujeres comeza a II Edición de obradoiros encamiñados á procura de emprego, utilizando as técnicas máis axeitadas e os recursos que nos ofrecen as novas tecnoloxías e Internet.

O próximo 27 de Febreiro dará comezo a II Edición do Programa de Formación para o Empoderamento de Mulleres para o Emprego  dos obradoiros dirixidos a mulleres en búsqueda de emprego que estamos a realizar no itinerario formativo do Programa DANA.


O obxectivo do programa é o desenvolvemento das habilidades persoais e sociais para a mellora da empregabilidade; para acadalo ofrecemos formación, asesoramento e orientación laboral para a procura de emprego, incluído o emprego por conta propia e o emprendemento.

 

Podes consultar toda a información desta formación aquí: DANA Emprego A Coruña