Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Fundación Mujeres viaxa ao Salvador en visita de seguimento
Jul
05
2019
Seguimento e avaliación
Fundación Mujeres viaxa ao Salvador en visita de seguimento
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Durante a estancia da coordinadora de proxectos de cooperación da Fundación Mujeres realizouse unha reunión de seguimento por parte das organizacións implicadas na execución do proxecto financiado por Xunta de Galicia

O pasado martes 2 de xullo, Rocío Hernández, de Fundación Mujeres, viaxou ao Salvador nunha visita de seguimento ao proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia”, apoiado financieramente por Xunta de Galicia e que está previsto que finalice exitosamente para finais do presente ano.

 

O obxectivo da visita é poder valorar in-situ e co equipo de Las Mélidas, socias locais que se encargan da implementación do proxecto, o estado do proxecto, así como a repercusión que xeran as distintas accións na vida de mulleres e homes participantes. 
 
Para revisar a evolución do proxecto, o  xoves 4 de xullo realizouse unha reunión de seguimento xunto con todo o equipo técnico das Mélidas. Nela participaron a responsable do proxecto, Angélica Gutiérrez, as técnicas de xénero que traballan nas distintas zonas de execución e a responsable de comunicación, así como a técnica expatriada de Fundación Mujeres que brinda acompañamento e apoio en terreo ao proxecto e a propia Rocío Hernández.
 
Na reunión fíxose un repaso ás actividades executadas ata o momento, analizando se se lograron ou non os obxetivos marcados, compartindo as dificultades e construíndo conxuntamente co equipo os lineamentos que guiarán as actividades que se están implementando. As técnicas compartiron información sobre as mulleres que estiveron recentemente involucradas nunha formación sobre dereitos sexuais e reprodutivos e como a temática e a metodoloxía participativa coa que se abordaron os temas provocaron cambios positivos na súa concepción sobre a sexualidade e a súa maneira de vivila.
 
Así mesmo e entre outros temas abordados, compartiuse a estratexia da campaña de sensibilización sobre dereitos sexuais e reprodutivos que se desenvolverá a nivel nacional e elaborouse conxuntamente, entre todas as compañeiras, unha ferramenta para darlle seguimento aos Plans Operativos das Redes de Mulleres, elaborados na pasada anualidade do proxecto.
 
Ter a oportunidade de contar con espazos de reunión presenciais, entre todas as partes implicadas na execución do proxecto, contribúe ao fortalecemento das relacións interinstitucionales, do equipo de traballo, das accións que se implementan e do logro do obxectivo común: contribuír ao exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos, a erradicación da violencia contra as mulleres e o empoderamiento da cidadanía de mulleres novas e adultas en El Salvador.