Inicio > Noticias > Fundacion Mujeres pon en marcha o Servizo de orientación laboral na Coruña
Jul
18
2017
Estás desempregada e buscas apoio?
Fundacion Mujeres pon en marcha o Servizo de orientación laboral na Coruña
Fundación Mujeres - A Coruña
Co fin de facilitar a inserción laboral das mulleres, a Fundación Mujeres ofrece un servizo integral de orientación laboral.

Durante os meses de xullo a decembro, a Fundación Mujeres realizará diversas actividades: formación online e presencial, charlas e grupos de debate no marco do Servizo de orientación laboral. O obxectivo destas accións é o apoio e orientación laboral para a procura de emprego por conta allea ou mediante o autoemprego. Traballaremos o desenvolvemento das habilidades persoais e sociais para a mellora da empregabilidade e as competencias dixitais.


Este servizo ofrécese grazas ao apoio económico de dous novos proxectos: o Proxecto DANA, cofinanciado polo Concello da Coruña e o Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES), e o Programa para o emprego e emprendemento de mulleres en situación de especial vulnerabilidade financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.


Se estás desempregada e precisas do noso asesoramento, contacta connosco:
 

galicia@fundacionmujeres.es
Telf..: 981 29 40 97    663 20 23 80