Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Fundación Mujeres participa na Feira do Día Internacional da Muller Rural
Oct
18
2019
En colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais “As Berenguelas”
Fundación Mujeres participa na Feira do Día Internacional da Muller Rural
Fundación Mujeres-Delegación Galicia
O Concello de Culleredo invitou a nosa entidade a divulgar o Servizo de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras no Medio Rural, proxecto cofinanciado pola Deputación da Coruña.

O pasado domingo 13 de outubro tivo lugar a Feira con Motivo do Día Internacional da Muller Rural en Celas de Peiro en Culleredo, Concello que colabora en varios proxectos coa Fundación Mujeres. 

Durante todo o día se mostraron proxectos xestionados por mulleres da bisbarra: A Castrexa; As Camposeiras; Cholita de Corme; Eco e Natural; Floradeira; Libraría Entrecontos; Libraría Piedra, Papel, Tijera, entre outras emprendedoras.
 
A feira tamén contou coa presenza dunha monologuista e actuacións de diversas agrupacións de folk tradicional.
 
Ao stand da Fundación Mujeres achegouse bastante xente para coñecer de primeira man os servizos da entidade.