Inicio > Noticias > Fundación Mujeres leva formación en emprego e emprendemento para mulleres a Burela
Abr
25
2018
Curso de habilidades e competencias para o emprego e o emprendemento en Viveiro
Fundación Mujeres leva formación en emprego e emprendemento para mulleres a Burela
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
O 2 de maio dará comezo o Programa formativo para o Empoderamento de Mulleres na procura de emprego e/ou emprendemento.

O obxectivo do programa é o desenvolvemento das habilidades persoais e sociais para a mellora da empregabilidade; para acadalo ofrecemos formación, asesoramento e orientación laboral para a procura de emprego, incluído o emprego por conta propia, no marco do Programa "Activa tu Emprendimiento", co financiamento da Dirección Xeral de Migracións e o Fondo Social Europeo.

 

Cada vez mais precisamos mellorar as nosas habilidades á hora de buscar traballo, por exemplo:

  • Como afrontar unha entrevista de traballo? 
  • Como facer que as miñas redes sociais me axuden a buscar emprego? 
  • Teño unha idea de negocio, como podo darlle forma?

 Queres darlle resposta a estas preguntas?

 

Non o dubides!

 

Infórmate e reserva a túa praza en Fundación Mujeres 

981 294 097

asesoriagalicia@fundacionmujeres.net

 

Podes consultar toda a información desta formación AQUÍ