Inicio > Noticias > Fundación Mujeres acude ó CPR Plurilingüe Liceo La Paz para participar nunha mesa redonda sobre o feminismo e o papel das mulleres na sociedade actual
Abr
15
2019
O evento levouse a cabo no marco dos actos programados con motivo do 8 de marzo.
Fundación Mujeres acude ó CPR Plurilingüe Liceo La Paz para participar nunha mesa redonda sobre o feminismo e o papel das mulleres na sociedade actual
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
A xornada tivo lugar o pasado mércores 3 de abril no centro escolar e estivo organizada e dinamizada polo departamento de filosofía, ética e relixión para o alumnado de 4 da E.S.O de dito centro.

Na mañá do mércores 3 de abril tivo lugar unha xornada no CPR Plurilingüe Liceo La Paz sobre feminismo e o papel das mulleres na sociedade actual, organizada polo departamento de filosofía, ética e relixión e dirixido ó alumnado de 4º da E.S.O., presente no salón de actos do centro escolar. 

O acto basouse nunha mesa redonda formada por distintas mulleres de diferentes ámbitos, que contestaron ás preguntas formuladas polo alumnado de todos os cursos de Secundaria. O obxectivo foi debater sobre as diferentes cuestións sobre roles de xénero, o sistema patriarcal, igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, salarios e mercado laboral, traballo doméstico e de coidados, sexualidade, entre outros. 
 
A xornada estaba destinada á reflexión e interacción das participantes co alumnado e grazas á colaboración de ambas partes orixinouse un espazo aberto donde se solventaron as dúbidas do alumnado e douse unha información clara e concisa sobre o feminismo por parte das mulleres participantes e as súas experiencias.