Inicio > Noticias > Finaliza o programa de Cuidadanas no concello de Ortigueira
Nov
29
2018
Cun total de 10 participantes, rematamos o último taller do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras en Ortigueira
Finaliza o programa de Cuidadanas no concello de Ortigueira
Fundación Mujeres Delegación Galicia
O pasado día 28 de novembro tivemos a última sesión do programa SAIC Rural en Ortigueira, onde acompañamos ás mulleres coidadoras durante 10 sesións dende o mes de setembro.

Un total de 10 mulleres foron as participantes desta primeira edición do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no concello de Ortigueira, onde iniciamos o pasado mes de setembro a nosa intervención.

Durante os dous meses que estivemos xuntas, fixemos diferentes talleres para axudar a mellorar o benestar e a saúde integral das mulleres coidadoras de persoas dependentes deste municipio. Entre eles, leváronse a cabo obradoiros de Saúde e Autocoidado, Xestión do Tempo, Habilidades Comunicativas e Corresponsabilidade.

Nas súas valoracións e reflexións finais, as mulleres salientan a importancia do espazo grupal e de atopárense entre iguais para sentírense comprendidas nas súas situacións, o incremento da autoestima a través dos talleres plantexados e a importancia da toma de consciencia sobre a necesidade de conectar coas súas necesidades propias e de ser quen de priorizarse e de adicarse tempo a sí mesmas.

Con moita satisfacción por ter compartido estas 10 sesións coas mulleres de Ortigueira, pechamos o obradoiro e agardamos reatoparnos nunha nova edición o vindeiro ano.