Inicio > Noticias > Diagnóstico previo para os talleres de sensibilización en xénero a homes novos e adultos en Ecuador
Jul
28
2020
Sesión Online
Diagnóstico previo para os talleres de sensibilización en xénero a homes novos e adultos en Ecuador
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
O equipo consultor encargado da formación conxuntamente co equipo técnico de Fundación Humana avalían as relacions interpersoais que se desenvolven nas comunidades, co obxectivo de construír ferramentas metodolóxicas que permitan identificar as diferentes formas de violencia de género e promovan novas prácticas na repartición de responsabilidades.
Durante o mes de xullo, o equipo técnico de Fundación Humana Pueblo a Pueblo-Ecuador realizou un diagnóstico previo en coordinación Karla Montalvo e Paul Túquerres, equipo consultor responsable da formación en xénero no marco do proxecto “Fomentando iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua”, desenvolvido en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.
 
O obxectivo que se pretende con est e diagnóstico é coñecer as relacións interpersoais que se desenvolven nas comunidades de Quisapincha  para, desta forma, crear ferramentas sinxelas, útiles e propias da cultura indíxena, de face ás formacións que levarán a cabo proximamente. Estas ferramentas constrúense en base ás dinámicas vivenciais, tendo en conta o contexto emerxencia sanitaria debida ao Covid-19, e que permitan ás persoas participantes traballar o seu EU persoal, reflexionando sobre as súas identidades, libres de estereotipos de xénero. Ademais, este diagnóstico convida a pensar, repensar e reflexionar a todo o equipo técnico sobre o seu propio rol, tanto a nivel persoal como profesional.