Inicio > Noticias > Convocadas as axudas do programa EMEGA para o emprendimento feminino
Ago
15
2014
O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de setembro do 2014
Convocadas as axudas do programa EMEGA para o emprendimento feminino
Xunta de Galicia - Secretaría Xeral de Igualdade
Axudas dirixidas á posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais, ademáis do fomento das iniciativas empresariais de investigación ou de base tecnolóxica. A liña emprende vai dirixida a mulleres que leven menos de 12 meses de actividade a 11 de setembro. O resto de liñas, para empresarias con actividade de duración inferior a 3 ou 5 anos, dependendo da liña á que se acolla.

A Secretaría Xeral de Igualdade vén de convocar o programa Emega, un programa de axudas económicas para mulleres emprendedoras.

O obxetivo deste programa é incentivar as mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais, ademais do fomento da iniciativa empresarial da investigación ou de base tecnolóxica, como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral.

Podes consultar aquí a convocatoria publicada no DOG.

 

As liñas de axuda son as seguintes:

- Liña Emprende: empresas creadas por mulleres con menos de 12 meses de antiguedade

- Liña Innova: proxectos de mellora empresarial, para empresas de entre 2 e 5 anos de antiguedade

- Liña Activa: para mantimento do emprego en proxectos de máis de 3 anos de antiguedade

- Liña ITEF: axuda para o millor proxecto feminino de investigación ou base tecnolóxica

- Liña Concilia: promotoras con fillos/as menores de 3 anos, que se acollan a calquera das axudas anteriores

 

Podes consultar aquí o resumo da axuda.

Na sede electrónica da Xunta podes obter máis información, descarregar os impresos, ou iniciar a presentación electrónica.