Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Continúa a formación ás Lideresas en El Salvador para a defensa dos seus dereitos
Jun
24
2019
Derechos sexuais e reprodutivos e participación política
Continúa a formación ás Lideresas en El Salvador para a defensa dos seus dereitos
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Co obxectivo de fortalecer as capacidades de mulleres para a articulación e incidencia política e no relativo aos seus dereitos sexuais e reprodutivos, así como a prevención da violencia contra as mulleres, realizouse un novo proceso de formación, nas instalacións de ÁGAPE en Sonsonate, no que participaron Lideresas das comunidades de El Salvador

Os pasados días 20 e 21 de xuño, realizouse o quinto e último taller previsto dentro do proceso formativo en dereitos sexuais e reprodutivos e participación política das mulleres contemplado no marco do proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia” apoiado financieramente por Xunta de Galicia e executado por Las Mélidas en colaboración con Fundación Mujeres.

Neste taller, unha xornada de día e medio, participaron lideresas que pertencen ás distintas asociacións de mulleres do catro zonas de traballo de Las Mélidas. Este foi o último do cinco previstos na implementación do proxecto e nel abordáronse temáticas relacionadas con sexualidade, menstruación, métodos anticonceptivos, infeccións de transmisión sexual e VIH-SIDA, entre outras. 
 
Para iso, as facilitadoras desenvolveron unha metodoloxía na que combinaron distintos formatos de presentación dos contidos. En primeiro lugar púxose a disposición das participantes un documento físico que incluía, de maneira resumida, os contidos abordados e, posteriormente, levaron a cabo dinámicas para a mellor asimilación de coñecementos e empregáronse materiais audiovisuais explicativos sobre os temas a tratar. 
 
As lideresas  mostraron gran interese na temática, sendo destacable o seu grao de participación e o seu gran nivel de asimilación dos contidos e transmisión dos coñecementos a través das súas achegas. “Estes lugares de encontro dannos forza para seguir cambiando as cousas e ver que non estamos soas”, mencionaron na avaliación. 
 
En definitiva, esta última sesión de capacitación permitiu non só adquirir novos coñecementos, senón que tamén deu lugar a asentar outros xa aprendidos, así como servir de punto de encontro, reflexión e convivencia, fortalecendo as relacións entre as distintas asociacións que conforman a Rede de Mulleres de Las Mélidas.