Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Avanza a implementación do proyecto para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha (Ecuador)
Sep
30
2019
Primeiras reunións e actividades
Avanza a implementación do proyecto para a redución da pobreza e a exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha (Ecuador)
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
A Fundación Humana Pueblo a Pueblo (HPP), en coordinación con Fundación Mujeres, puxeron en marcha un novo proxecto para contribuír a eliminar a feminización da pobreza da poboación rural da serra ecuatoriana a través de modelos produtivos inclusivos e sustentables, beneficiando a 200 produtoras de uvilla. Ao longo deste tres meses se han ir desenvolvendo accións previas ao arranque da intervención coa poboación destinataria, tales como eventos de presentación, planificación e reunións, internas e con axentes relevantes no territorio.

O pasado mes de xullo deu inicio o proxecto, “Fomentando as iniciativas produtivas con valor agregado para a redución da pobreza e exclusión das mulleres da Parroquia de Quisapincha, Tungurahua”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e implementado por Fundación Humana Pobo a Puebo-Ecuador (HPP) e Fundación Mujeres en Ecuador.

 

Para asegurar a boa marcha do proxecto HPP-Ecuador desenvolveu, ao longo destes meses iniciais, varias estratexias tales como involucrar ás 200 produtoras na planificación do proxecto, mantendo diferentes reunións co equipo técnico e directivo da organización e elaborando, de maneira conxunta, un plan de arranque e un diario de campo, o cal será un factor importante de face á sustentabilidade do proxecto. 
 
Outra das estratexias destacadas foi a elaboración dun plan de socialización para as agricultoras e outros actores relevantes do territorio, entre os que se encuentra a institución Corpoambato, con quen se iniciaron as conversacións para a firma dun convenio de colaboración. Entre os principais obxectivos de Corpoambato atópase o de “promover o crecemento e o desenvolvemento económico da cidade e a provincia mediante a participación activa e concertada de todos os actores sociais, en especial dos gobernos locais, empresas, universidades, dirixentes comunitarios e políticos” polo que a firma do convenio suporá un apoio ás beneficiarias para que, durante un período de tres anos, poidan aprender novas técnicas de cultivo, proporcionar comida sa e suficiente ás súas familias, obter ingresos mediante a venda de produtos no mercado e mellorar as súas condicións de vida desde unha perspectiva con enfoque de xénero.
 
Complementando estas accións, HPP-Ecuador asinou tamén un convenio coa Axencia Xaponesa de Cooperación (JICA), mediante o cal esta cedeu ao proxecto un voluntario técnico que apoiará nos procesos de comercialización e procura de mercados.
 
A finalidade de todas as organizacións involucradas é contribuír ao desenvolvemento socioeconómico da parroquia, polo que se seguen buscando sinerxías e colaboracións que beneficien aos sectores de poboación más vulnerables do país, como son neste caso as mulleres indíxenas Kichwas de Quisapincha.