Inicio > Noticias > Avaliación do proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia”
Dic
10
2019
Proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia – Cooperación Galega
Avaliación do proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia”
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Unha consultora externa, elixida tras un proceso de licitación pública, levará a cabo a avaliación final, contemplada no proxecto, ao longo de 10 semanas.

Tras a finalización de actividades do proxecto, “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia” executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia, iniciouse  o proceso de avaliación final que permite determinar o cumprimento dos obxectivos e o alcance dos resultados obtidos.

 

Este proxecto, desenvolvido entre xuño de 2018 e novembro de 2019, tivo como obxectivo principal “contribuír ao exercicio dos dereitos sexuais e reprodutivos, a erradicación da violencia contra as mulleres e o empoderamento da cidadanía de mulleres novas e adultas no Salvador”. As accións desenvolvéronse na zona de occidente, central e paracentral, concretamente en   os municipios de Ataco, Atiquizaya, Izalco, Nahuizalco, Santa Ana, San Lorenzo, Sonsonate, Ayutuxtepeque, Cuscatancingo, Mejicanos, San Rafael dos Cedros, Tecoluca, Zacatecoluca e San Luís Talpa. 
 
De cara a comprobar o impacto social obtido nestes municipios, a avaliadora externa, encargada da consultaría, determinará no seu informe final si se cumpriron os obxectivos previstos no deseño do proxecto. Para iso, levará a cabo unha análise sistémico que permitirá reconstruír o obxecto de avaliación a partir das seguintes dimensións de análises: o deseño, os resultados, os procesos participativos, a sustentabilidade, e as leccións aprendidas.
 
Así mesmo, a avaliación permitirá ás persoas responsables das actuacións incorporar as leccións aprendidas da experiencia e recomendacións no seu quefacer diario, contribuíndo a mellorar as planificacións e propostas de proxectos futuros.