Inicio > Noticias > Atención xinecolóxica e Consellería en Saúde Sexual e Reprodutiva no municipio de El Viejo, Nicaragua
Sep
29
2017
Saúde sexual e reprodutiva
Atención xinecolóxica e Consellería en Saúde Sexual e Reprodutiva no municipio de El Viejo, Nicaragua
Fundación Mujeres – Delegación Galicia
As mulleres do grupo meta continúan sendo atendidas na Clínica Xochilt Acalt, no Municipio de Malpaisillo, para os seguimentos e tratamentos médico- xinecolóxicos.

Ao longo do mes de setembro, dúas  mulleres do grupo meta do proxecto Prevención da Violencia de Xénero e mellora da Saúde Sexual e Reprodutiva das mulleres sobre en 10 comunidades de El Viejo, Chi­nandega (Nicaragua) Fase 2", cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, foron remitidas ás instalacións da clínica Xochilt Acalt, para ser atendidas pola médica de devandita instancia debido ás situacións urxentes de saúde que están a atravesar. Unha delas está en proceso de recuperación e a outra, con graves afectacións, necesita intervención inmediata.


Esta continúa sendo unha das accións fundamentais e prioritarias no segundo ano do proxecto en El Viejo (Nicaragua), tendo en conta que as mulleres continúan tendo dificultades económicas, xeográficas e de resistencia na parella para atender a súa saúde. Grazas á alianza coa Clínica Xochilt Acalt, no municipio de Malpaisillo do Departamento de León, neste ano as mulleres que están a ter o acceso ás revisións e tratamentos, son os que se valoraron como casos prioritarios e de maior complicación, de cara a garantir a súa recu­pe­ración, na medida do posible.


Busco apoio ante esta situación en APADEIM porque non se onde acudir. Fun varias veces ao centro de saúde e dinme que estou ben, pero eu sei que non é verdade, porque sento moita dor na parte baixa do ventre e os ovarios, é unha dor insoportable, eu estou moi triste e preocupada. Non me quero morrer, non quero ter Cancro”.


Estas consultas son moi importantes para min, agradezo que me estean apoiando, para que eu poida ter atención de maneira gratuíta, é bo e bonito saber que hai instancias que se preocupan pola nosa saúde, xa que para nós o acceso é un problema serio, pois só temos os centros de saúde ao alcance e moitas veces non nos pode resolver”.


Para nós, as mulleres, é difícil coidarnos, porque temos moitas limitantes por vivir en zonas rurais, moitas por falta de coñecementos, pero eu mentres poida vou informarme nestes talleres. Eu cambiei moito, agora coido a miña saúde, eu se o importante de estar ben, eu xa o vivín, por iso eu estou a apoiar a outras compañeiras das comunidades para que se atendan e cóidense. Sei que non podemos deixar que as mulleres se morran por non ter recursos ou espazos para atenderse”.