Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Asamblea Rexional no Occidente de El Salvador
Jul
29
2019
Rede de Asociacións de Mulleres de Occidente
Asamblea Rexional no Occidente de El Salvador
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Lideresas integrantes da Rede de Asociacións de Mulleres de Occidente dan seguimento aos seus plans operativos para avanzar nas problemáticas que enfrontan nas súas vidas

A semana pasada, na cidade de Santa Ana, ao occidente do país, realizouse a Asemblea Rexional da Rede de Asociacións de Mulleres de Occidente. O obxectivo desta reunión era dar seguimento aos plans operativos das entidades convocadas, elaborados o ano pasado no marco do proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia”, executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.

 

A esta asemblea asistiron distintas representantes de asociacións, colectivas e comités, integrantes a nivel territorial da Rede. As mulleres reuníronse para coñecer o estado actual das diferentes organizacións que conforman a Rede, facendo alusión a   as dificultades e oportunidades atopadas desde o último encontro. 
 
Coa lectura do Plan Operativo Anual (POA) de referencia e co obxectivo de actualizalo, as participantes apuntaron as temáticas de interese tendo en conta as actuais necesidades das mulleres organizadas resultado da situación socio-política do Salvador. 
 
Entre os eixos que se priorizaron atópanse: 
 
  • Saúde sexual e reprodutiva.
  • Loita pola non privatización da auga.
  • Soberanía Alimentaria.
  • Economía Feminista.
  • Defensa e coidado do medio ambiente.
 
As participantes mostraron o seu interese e disposición na actividade. A escoita activa e os debates xurdidos ao redor dos principais temas de interese, reflicten o seu traballo organizativo e a preocupación por mellorar as súas vidas e a da súa contorna.
 
Con estas accións, as mulleres consolidan a súa participación cidadá como mulleres organizadas, tendo como fin o seu empoderamento e capacidade de incidencia e contraloría en cuestións políticas, sociais e económicas que condicionan directamente a súa realidade.