Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > As Pontes destaca o programa Cuidadanas no xornal de maior tirada autonómica
Nov
22
2019
Despois de oito sesións finalizan os obradoiros no Concello de As Pontes.
As Pontes destaca o programa Cuidadanas no xornal de maior tirada autonómica
Fundación Mujeres
A prensa faise eco da gran labor que se está a facer na Fundación Mujeres con este Proxecto.

Ao longo destes talleres, nos que traballamos o autocoidado, distintas técnicas de relaxación corporal e mental, a xestión da culpabilidade e como abordar o chantaxe emocional, as usuarias do Programa Cuidadanas quedaron moi contentas e agradecidas segundo recolle o xornal “La Voz de Galicia”.

 

O grupo de mulleres, no artigo peridístico tamén destacan a melloría da súa autoestima e reclaman a continuidade deste servizo ao longo de todo o ano porque lles está a servir de gran axuda.

 

A Fundación Mujeres co finanzamento da Deputación da Coruña, pon un ano máis a disposición de tódalas usuarias un repertorio de talleres nos que se traballan as distintas necesidades e carencias das mulleres coidadoras de persoas dependientes, e sobre todo, inténtase que estas mulleres recuperen as súas ilusións, obxectivos de vida e recobren as forzas para defender os seus dereitos e opinións.

 

Agradecer ao Concello de As Pontes a súa colaboración e confiamos con continuar co Proxecto o vindeiro ano.