Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Ábrese o prazo para enviar as bandas deseñadas sobre igualdade, interculturalidade e convivencia
Nov
25
2019
Demostrando ás nosas aprendizaxes
Ábrese o prazo para enviar as bandas deseñadas sobre igualdade, interculturalidade e convivencia
Fundación Mujeres - Delegación Galicia
Mediante este concurso o alumnado ten a oportunidade de demostrar o aprendido nos obradoiros alén da súa creatividade.

O alumnado de 2º e 3º do IES Agra do Orzán e 3º e 4º curso do IES Elviña, cos que traballamos actualmente desde Fundación Mujeres no proxecto “Igualdade, Interculturalidade e Convivencia na Coruña”, cofinanciado pola Deputación de A Coruña, xunto co alumnado do IES Liceo la Paz, pertencentes ao proxecto do ano pasado, poderá participar ata o día 6 de decembro no Concurso de Bandas Deseñadas “Ni machista, nin racista! Mocidade feminista!”

 

Desta forma, pechamos o programa de Igualdade, interculturalidade e convivencia elaborando materiais que permitan ó alumnado reflexionar sobre as novas aprendizaxes, compartir esta experiencia entre compañeiros e compañeiras e involucrar ó profesorado na materia.
 
O corpo das bandas terá que ter relación con algún dos contidos aprendidos nos obradoiros, prexuízos, discriminación por mor da raza, igualdade de xénero e inclusión e apoderamento. Constarán de tres viñetas onde se verán reflectidos estes conceptos, e as bandas gañadoras serán publicadas en cartafoles elaborados no marco do proxecto.
 
Tras a deliberación do xurado repartiranse tres premios en forma de cheque de 150, 100 e 50 euros respectivamente para gastar no FNAC.