Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > O programa Cuidadanas chega ata o concello de As Pontes na provincia de A Coruña
Oct
01
2019
Un novo concello súmase á programación do SAIC Rural no 2019
O programa Cuidadanas chega ata o concello de As Pontes na provincia de A Coruña
Fundación Mujeres
O próximo mércoles damos comezo en As Pontes ós distintos talleres do proxecto Cuidadanas da Fundación Mujeres, cofinanciado pola Deputación da Coruña.

Como cada ano, un novo municipio está interesado en participar do Servizo de Apoio Integral a persoas Coidadoras no medio rural, neste caso trátase de As Pontes, localidade que recibirá apoio emocional, asesoramento individual e acollerá espazos de participación para a activación persoal e social das mulleres coidadoras usuarias deste Servizo.

 

Ao longo de case tres meses abordaremos temas como o autocoidado persoal para mellorar a nosa calidade de vida e a nosa saúde. Practicaremos entre todas a relaxación corporal e mental para poderes acadar  tranquilidade en calquer lugar e momento do día, e para rematar, abordaremos temas coma a xestión da culpabilidade e o chantaxe emocional. 

 

O grupo está composto por coidadoras, excoidadoras e futuras coidadoras de familiares dependentes, co que se xerará diversidade de experiencias, distintos puntos de vista e seguro que se acada moita empatía entre elas, o teres o tema do coidado en común.