Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Novos obradoiros DANA: Busca activa de emprego e emprendemento na Coruña
Dic
23
2020
Formación para mulleres que buscan emprego: Empezamos en xaneiro a traballar as ferramentas que nos facilitan o traballo de buscar emprego.
Novos obradoiros DANA: Busca activa de emprego e emprendemento na Coruña
Fundación Mujeres_Delegación Galicia
Fundación Mujeres continúa co programa DANA dirixido ao empoderamento das mulleres para o emprego e o emprendemento, que as acompaña no desenvolvemento do seu itinerario de inserción laboral e de emprendemento.

 Desenvolveremos o Programa DANA: Emprego e Emprendemento en Igualdade. Realizaremos obradoiros presenciais e titorizacións individuais co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais. Completaremos o programa con formación en liña, para facilitar a aprendizaxe e fomentar a dixitalización das mulleres.

 

Formación Presencial::

·         Habilidades e competencias para o emprego  (12h)

·         Motivación e habilidades para o autoemprego (12h)

·         Competencias dixitais para o emprego (15h)

·         Formación en competencias básicas para o emprego e o auto emprego (9h)

·         Formación en liña para a procura de emprego (3h)

 

Formación online:

·         Técnicas de Procura de emprego activa ( 20h)

·         Proceso de Selección (10H)

·         Manipulación de alimentos (6 h)

 

 

Inscríbete a través do enlace pinchando AQUI

 

 

Se estás interesada ou coñeces a alguén que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides en contactar con nós:

galicia@fundacionmujeres.es

 

981 29 40 97 /  660355831.

 

 

O proxecto DANA está cofinanciado polo Concello da Coruña, Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social e o Fondo Social Europeo.