Inicio > Noticias > Fundación Mujeres organiza na Coruña un encontro entre emprendedoras e empresarias
Jul
19
2017
"Comunica, Comparte, fai networking... sé unha empresaria de éxito"
Fundación Mujeres organiza na Coruña un encontro entre emprendedoras e empresarias
Fundación Mujeres - A Coruña
O vindeiro venres 21 de xullo terá lugar na Coruña o XV Encontro de emprendedoras e empresarias, xornada dirixida a todas aquelas mulleres que queiran mellorar a comunicación e visibilización do seu proxecto empresarial.

No marco do proxecto Actívate Creando Empresa, financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, desde a Fundación Mujeres organizamos na Coruña unha nova xornada de intercambio de experiencias entre emprendedoras e empresarias.

 

A XV edición do Encontro de emprendedoras e empresarias, titulada "Comunica, Comparte, fai networking... sé unha empresaria de éxito" , estará centrada na importancia de xestionar as redes profesionais dentro da estratexia de comunicación. Trataremos esta temática desde un enfoque práctico, con presentacións das empresarias asistentes, das emprendedoras que veñen de rematar o seu plan de empresa. Contaremos ademais con varias empresarias experimentadas que compartirán a súa experiencia e coñecementos, e haberá tempo para un café-networking.

 

A xornada será no Centro Municipal Accede Papagaio da Coruña en horario de mañá. Pódense consultar aquí todos os detalles do evento, así como realizar a inscrición.