Inicio > Noticias > Fundación Mujeres leva formación para o emprego e emprendemento de mulleres a Ordes
May
14
2018
Curso de habilidades e competencias para o emprego e o emprendemento en Ordes
Fundación Mujeres leva formación para o emprego e emprendemento de mulleres a Ordes
Fundación Mujeres Delegación Galicia
O 21 de maio dará comezo o Programa formativo para o Empoderamento de Mulleres na procura de emprego e/ou emprendemento.

 O obxectivo do programa é o desenvolvemento das habilidades persoais e sociais para a mellora da empregabilidade; para acadalo ofrecemos formación, asesoramento e orientación laboral para a procura de emprego, incluído o emprego por conta propia, no marco do Programa "Activa tu Emprendimiento", co financiamento da Dirección Xeral de Migracións e o Fondo Social Europeo.

 

Cada vez mais precisamos mellorar as nosas habilidades á hora de buscar traballo, por exemplo:

  • Como afrontar unha entrevista de traballo? 
  • Como facer que as miñas redes sociais me axuden a buscar emprego? 
  • Teño unha idea de negocio, como podo darlle forma?

 ¿Queres darlle resposta a estas preguntas?

 

Non o dubides!

 Se estás interesada Reserva a túa praza!


Infórmate no CIM de Ordes ou no departamento de Emprego Emprendemento 

Fundación Mujeres:

981 682 108 / 981 29 40 97 

 

 

Podes consultar toda a información desta formación AQUÍ