Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Noticias > Formación para a busca activa de emprego e emprendemento na Coruña. Programa DANA
Sep
16
2020
Duas novas edicións presenciais para, xunto coas titorías individuais, poidas traballar as túas habilidades e competencias dixitais.
Formación para a busca activa de emprego e emprendemento na Coruña. Programa DANA
Fundación Mujeres_Delegación Galicia
Cales son as habilidades mais valoradas no mercado de traballo? Como podes mellorar as túas competencias dixitais?

Apúntate na edición que mellor se axusta ás túas necesidades horarias.

 

O obxectivo é traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.

A formación consta de cinco módulos, nos que traballaremos:

·         Módulo 1:Habilidades e competencias para o emprego

·         Módulo 2: Motivación e habilidades para o auto emprego

·         Módulo 3:Competencias dixitais para o emprego

·         Módulo 4:Formación en competencias básicas para o emprego e o auto emprego 

·         Módulo 5: Formación en liña para a procura de emprego

 

Inscríbete a través do enlace pinchando AQUÍ

 

Se estás interesada ou coñeces a alguén que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides en contactar con nós:

 

galicia@fundacionmujeres.es

 

981 29 40 97 /  660 35 58 31.

 

O proxecto DANA está cofinanciado polo Concello da Coruña, Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social e o Fondo Social Europeo.