Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio. Leer más Aceptar

Inicio > Eventos > Curso semipresencial de Creación de Empresas na Coruña
Feb
13
2019
Curso semipresencial de Creación de Empresas na Coruña
Formación
Tipo de Evento: Interno
Lugar: Centro Cívico Eirís
Dirección: Rúa Terranova de Eirís, 7, 15009 A Coruña
Ciudad: A Coruña
Fechas: 13/03 / 30/06
Horas: 09:30 / 14:30
Convoca: Fundación Mujeres - Delegación Galicia

Tes en mente unha idea de negocio pero non se acaba de materializar?

 

O Servizo de Creación e Consolidación de Empresas de Fundación Mujeres organiza unha nova edición do Curso de Creación de Empresas do 12 de marzo ao 30 de xuño de 2019.

 

Esta formación é totalmente gratuita e está dirixida a todas aquelas mulleres que desexan o seu propio proxecto empresarial. 

 

O curso ten unha duración de  120 horas e combina a modalidade online con sesións  e asesorías presenciais para que as participantes desenvolvan o seu propio plan de empresa.

 

Sesións presenciais obrigatorias:

  • 12 de marzo: Presentación. Introdución, Metodoloxía e Ferramentas.
  • 26 de marzo: Estudo de Mercado (I)
  • 09 de abril: Estudo de Mercado (II)
  • 23 de abril: Plan de Marketing
  • 30 de abril: Plan de RRHH, Produción e Xurídico
  • 7 de maio: Plan Económico Financieiro (I)
  • 14 de maio: Plan Económico Financeiro (II)

Como complemento celebraranse asimismo una serie de obradoiros de reforzo en temas como investigación de mercados, negociación bancaria e elevator pitch.

  

MAIS INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS

 

Se tes algunha dúbida podes contactar con nós:

 

asesoriagalicia@fundacionmujeres.net

 

981 294 097

 

 

Este curso está financiado polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social e Fondo Social Europeo.