Inicio > Eventos > Cuarta edición programa DANA: Emprego e Emprendemento en igualdade
Ago
31
2018
Cuarta edición programa DANA: Emprego e Emprendemento en igualdade
Formación
Tipo de Evento: Interno
Lugar: Centro Cívico Los Rosales
Dirección: Plaza Eliptica, 1, 15011 La Coruña
Ciudad: A Coruña
Fechas: 05/11 / 20/11
Horas: 09:30 / 13:30
Convoca: Fundación Mujeres Delegación Galicia A Coruña

 Dende Fundación Mujeres continuamos co programa DANA dirixido ao empoderamento das mulleres para o emprego e o emprendemento, que as acompaña no desenvolvemento de itinerarios de inserción laboral e de emprendemento.

 
Durante os meses de agosto a decembro, realizaranse obradoiros presenciais e titorizacións individuais co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.
 
Os obradoiros dividiranse en cinco módulos, dos que haberá as seguintes edicións: 
 
EDICION IV: Inicio 5 Novembro
  • Módulo 1:Habilidades e competencias para o emprego
  • Módulo 2: Habilidades e competencias para o autoemprego
  • Módulo 3:Competencias dixitais para o emprego
  • Módulo 4:Habilidades e competencias básicas para o emprego e o autoemprego 
  • Módulo 5: Formación para a procura de emprego online. 

 

 

Se estás interesada ou coñeces a alguén que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides en contactar connosco a través do mail galicia@fundacionmujeres.es e os telfs.: 981 29 40 97 /  660355831
 
O proxecto DANA está cofinanciado polo Concello da Coruña e o Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES).